publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destina 23 millóns de euros no 2018 para a mellora da transformación e comercialización de produtos do mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarínPontevedraPortada dereita
A-
A+
Rosa Quintana na visita ás instalacións de Cabomar

Rosa Quintana na visita ás instalacións de Cabomar

A Consellería do Mar destina case 23 millóns de euros no 2018 para a mellora da transformación dos produtos do mar. Así o trasladou esta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Marín, durante unha visita á empresa de transformación de produtos do mar Cabomar.

Alí a conselleira lembrou que o orzamento da Consellería do Mar do ano que vén para mellorar a transformación dos produtos do mar medrou un 55% con respecto ao deste ano 2017, co obxecto de “seguir mantendo a competitividade dun sector que ten moito potencial en Galicia”, dixo.

A través desta aposta decidida da Xunta, búscase modernizar tecnoloxicamente os procesos de produción e distribución das PEMEs de cara a facelas máis competitivas no mercado, afianzar a posibilidade de apoiar ás empresas de gran tamaño pola súa capacidade de liderado nos procesos de mellora produtiva e laboral e conseguir un maior nivel de diversificación e diferenciación da oferta.

Deste xeito, lembrou Rosa Quintana, no ano 2016 concedéronselle ás PEMEs de transformación de produtos pesqueiros, marisqueiros e da acuicultura axudas por importe de 4,1 millóns de euros e están en tramitación as mesmas subvencións deste ano 2017, convocadas por valor de 18 millóns de euros.

En relación a Cabomar, a titular de Mar indicou que é un exemplo de empresa de elaboración e procesado de produtos do mar que aposta pola internacionalización. Neste sentido, explicou que o 70% da súa facturación procede do exterior, sobre todo de Francia, Alemaña, Italia e Portugal.

A empresa tamén está facendo unha forte aposta polo segmento dos refrixerados, de feito, vén de investir 1,8 millóns nunha sala para este tipo de produción e automatizou outras liñas de produción en aspectos relacionados coa eficiencia enerxética e a informatización

Finalmente, a conselleira tamén puxo de relevo a traxectoria desta empresa, que no 2016 pechou cun volume de ingresos de 74 millóns de euros, case un 39% máis que no 2015, acadando as 23.000 toneladas comercializadas de produto.

14 de novembro de 2017 | 16:36 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario