publicidade hoxe

A Xunta destina 20.000 euros ao desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A Xunta destina 20.000 euros para o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero e atención ás súa vítimas, levadas a cabo pola Asociación Rede contra os malos tratos e a Asociación Mirabal.

Susana López Abella, asinou esta maña os convenios de colaboración coas presidentas de ambas asociacións, Ana María Saavedra e Rosario Otero, de Mirabal e da Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo, para o desenvolvemento por unha banda de accións enmarcadas na campaña de loita contra a violencia de xénero, dirixidas a sensibilizar á poboación sobre esta lacra, e por outra accións de apoio social e acompañamento con vítimas da violencia machista: información, apoio na realización de trámites legais, apoio no intercambio de menores, acompañamento a xuízos, entre outros.

Ambas asociacións levan a cabo accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero, así como prestar apoio e acompañamento ás vítimas da violencia de xénero, sempre en colaboración e coordinación cos servizos públicos, como servizos socias, centros de información ás mulleres, centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero, rede galega de acollemento, correspondentes en cada caso.

13 de novembro de 2017 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.