publicidade hoxe

A Xunta consolida a oficina do Programa Reconduce en Santiago incorporando catro novos profesionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou a oficina do Programa Reconduce en Santiago, situada no edificio da EGAP e consolidada recentemente con catro novos profesionais. Estas novas incorporacións supoñen un aumento da calidade da atención e das prestacións dirixidas ás persoas e familias en risco de desafiuzamento.

Durante o percorrido polas instalacións, o titular do departamento autonómico destacou que outra das melloras introducidas no programa Reconduce é que tamén serán obxecto de intervención as persoas e familias en risco de desafiuzamento por falta de pagamento da renda do aluguer habitual (ata o momento o programa atendía unicamente aqueles casos de risco de desafiuzamento por execución hipotecaria).

No pasado mes de setembro, o Consello da Xunta aprobou ditas melloras, que tamén inclúen a apertura de seis novas delegacións territoriais do programa na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol, polo que as sete grandes cidades de Galicia disporán dun dispositivo de atención ás familias en risco de desafiuzamento. Así mesmo, levouse a cabo unha ampliación de persoal de 16 novos profesionais (incluídos os de Santiago) para a que a Xunta destina preto de 600.000 euros anuais.

Este reforzo enmárcase no cumprimento dos compromisos recollidos na Axenda Social acordada pola Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia).

Tras catro anos de desenvolvemento do Reconduce, este servizo atendeu a preto de 500 familias e superou os 200 expedientes de intermediación bancaria tramitados, dos cales a maioría concluíron cun acordo de reestruturación de débedas favorable para as persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

Arturo Parrado reiterou durante a súa visita o compromiso do Goberno galego co dereito de toda persoa a dispor dunha vivenda. Así, paralelamente ao Reconduce, a Xunta ten en macha distintas iniciativas como o programa Realoxo, o bono de alugueiro social, o programa Aluga ou o programa de vivendas baleiras, entre outros.

8 de novembro de 2017 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.