publicidade hoxe

A Xunta colabora na formación en educación vial para agrupacións de Protección Civil e Policías Locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, acompañado da delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, asistiu esta mañás ás Xornadas de Educación Vial para axentes sociais

As Xornadas organizadas polo Servizo Provincial de Emerxencias de Ourense en colaboración co Servizo de Formación da Xefatura Provincial de Tráfico, reuniron a 120 persoas, das Agrupacións de Protección Civil da provincia e da Policía Local, ademais de profesionais do sector implicados na formación de educación vial tanto de nenos como de maiores.

A educación vial busca a sensibilización social, comportamentos viais que fomenten a convivencia, a tolerancia, a solidariedade, o ríspeto, a responsabilidade e que se favorezan as relacións humanas na vía pública.

No que vai de ano, se levaron a cabo mais de 20 “Xornadas de Educación Vial” nos centros escolares dos concellos de Cortegada, Castrelo de Miño, Vilar de Barrio, Carballiño, Coles, A Gudiña, Manzaneda, O Bolo, Castro Caldelas, Amoeiro, Lobios, Ourense, Avión, Pereiro de Aguiar, Baños de Molgas, Bande, Esgos, Celanova, A Merca, Cartelle, Ramirás… Chegándose con estas xornadas a un total de 2856 nenos de idades comprendidas entre 4 e os 12 anos.

16 de novembro de 2017 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.