publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta avanza na posta en marcha dunha liña de autobús desde Cangas e Moaña aos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaMoañaPortada dereita
A-
A+

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, recibiu hoxe a un grupo de traballadoras do Hospital Álvaro Cunqueiro e do Meixoeiro interesadas na nova liña de autobús na que traballa o Goberno galego e que conectaría Cangas e Moaña con ámbolos dous centros sanitarios.

O obxectivo da reunión, celebrada a instancias do deputado provincial, Xosé Fervenza Costas, foi informarlles dos avances nas negociacións coa empresa Monbus. A proposta inicial da adxudicataria do servizo ten o visto e prace da Consellería e unicamente quedan por matizar certos flocos relacionados co horario e o itinerario.

2 de novembro de 2017 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.