publicidade hoxe

A Xunta apoia ás asociacións veciñais para acometer proxectos que benefician aos seus usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá a sede da Asociación de veciños O Castelo, acompañado do alcalde, Jesús Vázquez, onde indicou que o Goberno galego segue apoiando ás asociacións veciñais para que poidan acometer proxectos que benefician aos seus usuarios.

Marta Fernández- Tapias indicou que a Asociación levou a cabo varias obras de mellora na súa sede, grazas ás axudas destinadas a apoiar os proxectos impulsados por estas entidade s, que no caso concreto desta Asociación acadou os 17.000 euros.

Na provincia de Ourense, esta liña de axudas beneficiou a 28 asociacións d cunha achega global de preto de 350.000 euros. Deste xeito, contribúese a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza, xa que todas estas organizacións traballan moi apegadas á cidadanía e ás súas demandas.

A convocatoria de axudas, que se puxo en marcha por primeira vez o ano pasado, dispón para 2017 dun orzamento de 2,4 millóns de euros, o que permitirá ás entidades beneficiarias realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso; así como en camiños e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese dos habitantes da contorna, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

14 de novembro de 2017 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.