publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta amplía as oportunidades de emprego e emprendemento entre a xuventude a través do programa Lidera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, interesouse onte no Espazo Xove de Betanzos pola experiencia dos mozos e mozas que participan nunha acción formativa do programa Lidera co fin de adquirir habilidades transversais e ferramentas que lles axudarán tanto na búsqueda de traballo como na posta en marcha de iniciativas de autoemprego.

A acción, denonimada FormaTour: formación especializada para o emprego e o emprendemento, combina actividades personalizadas e en grupo así como sesións de coaching nas que se traballan a motivación, a posta en valor das cualidades e habilidades persoais, a comunicación, a planificación dos itinerarios laborais e profesionais e o reforzo da marca persoal.

Cecilia Vázquez preguntoulles aos participantes polas súas experiencias e as súas opinións acerca deste proxecto e sinalou a importancia de que, grazas a este tipo de iniciativas, melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento. “Queremos que esta acción do LIDERA, programa co que buscamos impulsar os liderados da xente moza, sirva para que a mocidade avance máis preparada nos seus itinerarios laborais e personais e a que sexa máis proactiva na xeración das súas propias oportunidades”, explicou a directora xeral.

Ademais desta acción formativa que se imparte en Betanzos, a Dirección Xeral de Xuventude tamén está levando a cabo nos Espazos Xove de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía de Arousa, Chantada, Vilalba, Viveiro e Ourense. Entre os participantes, unha ducia serán seleccionados para integrarse na ‘Aceleradora de desenvolvemento persoal’, un programa de mentoring personalizado que ao longo de 21 días apurará a mellora das súas destrezas e habilidades co fin de potenciar o seu talento.

A titular do departamento autonómico anunciou que, ademais, ao longo dos meses de novembro e decembro estanse a realizar visitas de formación a empresas de Galicia e Portugal a través de encontros sectoriais a pequena escala onde os distintos actores do territorio establecerán unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.

Proxecto Lidera

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

14 de novembro de 2017 | 16:12 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario