publicidade hoxe

A Consellería do Mar mellora a seguridade vial no peirao da Mosqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoaña
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a traballar na mellora da seguridade viaria no peirao da Mosqueira, no municipio pontevedrés de Moaña. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona.

Durán Hermida explicou que o seu departamento está a executar dende hoxe mesmo a repavimentación do peirao da Mosqueira no porto moañés. Esta actuación pretende eliminar as deficiencias que presentaba o firme, moi deteriorado pola actividade diaria neste peirao.

En concreto, os traballos consisten na extensión dunha capa de rodadura no tramo entre o acceso á vía principal e a superficie pavimentada o ano pasado. Trátase dunha superficie total a reconstruír de máis de 2.600 metros cadrados e os traballos completaranse co repintado da sinalización horizontal na zona. Esta actuación conta cun investimento por parte de Portos de Galicia de máis de 23.000 euros e os traballos está previsto que rematen nos vindeiros días.

16 de novembro de 2017 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.