publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Sanidade lembra que a vacina é a mellor forma de protexerse contra a gripe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O equipo directivo da Dirección Xeral de Saúde Pública acudiu esta mañá a vacinarse da gripe, dentro da campaña de vacinación que está a levar a cabo a Consellería de Sanidade para protexerse contra esta enfermidade e que remata o día 29 de decembro. Dende Sanidade faise un chamamento a poboación para lembrar que a vacina é a mellor forma para protexerse fronte a gripe e evitar as complicacións asociadas á mesma.

A Consellería de Sanidade oferta a vacinación a todas as persoas de 60 ou máis anos e aos menores desa idade pertencentes aos grupos de risco (con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas…, con cancro ou outras inmunodeficiencias, con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva…). Tamén entran en grupos de risco os que conviven coas persoas antes mencionadas, o persoal sanitario e os traballadores esenciais para a comunidade. Galicia conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, coma centros penitenciarios, entre outros.

28 de novembro de 2017 | 16:41 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario