publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Educación lanzará un novo macrocuestionario para testar a situación da convivencia nos centros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
O conselleiro de Educación durante a xuntanza

O conselleiro de Educación durante a xuntanza

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa coa folla de ruta establecida no ámbito da convivencia escolar, co reforzo de accións xa establecidas e a implementación doutras novas, tal como se informou hoxe no Consello para a Convivencia Escolar na súa reunión anual.

O conselleiro de Educación, que participou na xuntanza, anunciou que no primeiro trimestre de 2018 vaise lanzar un novo macrocuestionario censal ao conxunto da comunidade educativa (familias, alumnado, docentes, persoal non docente) para testar o estado da convivencia nos centros escolares galegos; polo que se establece unha periodicidade bianual desta enquisa, logo da primeira que se fixera deste tipo a finais de 2015.

Segundo explicou o conselleiro, é necesario contar cunha diagnose exhaustiva e obxectiva sobre a situación da convivencia para poder articular medidas máis acertadas ao respecto. Neste senso, o establecemento con carácter bianual deste tipo de consulta, permite tomar o pulso da convivencia de xeito continuado no tempo e coñecer a súa evolución.

Este macrocuestionario vai incluír como novidade items específicos para avaliar a situación da educación en igualdade e a violencia de xénero.

Así mesmo, ao abeiro do I Plan de Igualdade nos centros educativos, Román Rodríguez anunciou a posta en marcha un novo Portal de Igualdade con recursos e orientacións para fomentar a coeducación nos centros escolares.

Escolas de Nais e Pais

Outra das accións en materia de convivencia nas que leva traballando a Consellería son as Escolas de Nais e Pais. A este respecto, desde o departamento de Educación vanse reforzar especialmente estas Escolas mediante a posta a disposición de infraestrutura (a través dos Centros de Formación do Profesorado, que contarán cunha sección específica) e de apoio profesional con poñentes expertos en cada campo. Así mesmo, habilitarase unha ferramenta informática que funcione como repositorio de contidos á disposición das familias.

O obxectivo é activar foros de debate no que participen as familias, a través dos cales se canalice información, se fomente o debate social e se impulse a creación de marcos de acción común arredor da educación.

Ademais da infraestrutura e os medios técnicos e profesionais, a Consellería proporá un catálogo de temas de debate ben para as familias, ben para familias e profesorado en conxunto. Ademais, os centro poderán propoñer aqueles temas que consideren de interese para incorporarlos ás Escolas.

Por outra parte, cómpre lembrar que a Consellería vén de presentar á comunidade educativa as Orientacións sobre Identidade Dixital (dispoñibles no web identidadedixital.gal) cunha serie de materiais -vídeos e un libro dixital bilingüe- no que se abordan cuestións como os riscos da rede, a suplantación de identidade, compras en internet por parte dos menores.

28 de novembro de 2017 | 16:44 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario