publicidade hoxe

Vázquez Almuiña destaca a importancia que teñen no ámbito da saúde as políticas doutros sectores diferentes ao sanitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Jesús Vázquez Almuiña, participou hoxe, na sede da Escola Galega de Administración Pública, no acto de inauguración das II Xornadas: “A Saúde en todas as políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde”. Neste foro, o conselleiro destacou a importancia de poñer en valor as políticas e accións doutros sectores diferentes ao sanitario, que teñen un impacto en saúde.

Segundo Almuiña, o sector saúde non pode traballar de maneira illada, “senón que son necesarias medidas intersectoriais que coordinen as intervencións que poidan ter repercusión na saúde, o benestar e a calidade de vida”.

Nesta xornada abordaranse dúas ferramentas que o conselleiro considera claves neste campo, como son, por un lado, a elaboración de plans de saúde local, e, por outro, a avaliación do impacto en saúde como metodoloxía cuxo uso sistemático poida garantir que calquera decisión política sexa reformulada segundo sexan as consecuencias para a saúde.

Almuiña avogou, no seu discurso, para que a colaboración establecida neste sector entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Secretaría Xeral para o Deporte se manteña aberta no futuro, “e que sexa o eixe da posta en marcha das futuras políticas de promoción da saúde en Galicia”.

Tamén agradeceu o conselleiro o labor do Ministerio de Sanidade, lider en moitas iniciativas que implican ás corporacións locais, no desenvolvemento da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no conxunto do Estado.

3 de outubro de 2017 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.