publicidade hoxe

Touroperadores e profesionais do sector vitivinícola francés achéganse ao enoturismo galego con ‘5 galiciennes à Paris’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

Máis de 150 touroperadores e profesionais do sector vitivinícola francés coñeceron hoxe de primeira man en París o potencial vitivinícola de Galicia como destino grazas á campaña 5 galiciennes à Paris, a creativa acción impulsada por Turismo de Galicia que está promover as cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas durante estes meses de outono en España e no estranxeiro.

A campaña, que xa pasou por Madrid con máis de 18.000 visitantes, aposta por transformar ás cinco denominacións de orixe en personaxes femininos que son as encargadas de comunicar o potencial de Galicia como destino turístico de calidade do que se pode gozar durante todo o ano a través dunha campaña chea de imaxinación e moi orixinal.

As 5 galiciennes promoven os viños de cada unha das denominacións de orixe as que representan e tamén as creacións artesanais das mulleres Idoia Cuesta, Paula Ojea, Ilda Amoedo, María Pereira de Dosel, Noroeste Xoias, Elena Ferro e as redeiras da Illa de Estrela de Corme. Durante os actos de hoxe, os numerosos asistentes puideron degustar un menú elaborado pola chef galega Lucía Freitas.

Punto de información turística en París

Ata mediados do mes de novembro a campaña desenvolverase na viñoteca Lavinia, en París, que está decorada con creativos grafismos das cinco denominacións de orixe cuxos viños ocupan espazos expositivos. Así mesmo, na zona de restauración ofrécese un menú e un tapeo galego diario, e a prestixiosa viñoteca difundirá durante estes días a campaña a través de accións de comunicación aos seus socios e clientes.

Ademais, está instalado un punto de información turística sobre o destino Galicia. Deste xeito, esta iniciativa supón unha oportunidade para abrirse paso nun mercado de gran variedade e características afianzadas.

Tamén estes días, a enogastronomía galega promoveuse en Madrid no marco do prestixioso certame International Wine Challenge (IWC), que contou coa presenza de importantes produtores de viño e profesionais de todo o mundo. As cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas, da man de Turismo de Galicia, mantiveron contactos profesionais e promoveron ante todos eles o gran potencial enoturístico galego.

Un potencial que tamén tivo a oportunidade de coñecer estes días un grupo de xornalistas brasileiros e dos Estados Unidos que participaron nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia en colaboración con Turespaña, na que visitaron territorios e instalacións relacionados coa produción e comercialización de viños acollidos ás denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia e tamén puideron coñecer os recursos naturais e patrimoniais da nosa Comunidade. Tratouse dun press trip desenvolvido conxuntamente con Portugal no que os participantes puideron coñecer rexións vitivinícolas de ambos países.

19 de outubro de 2017 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.