publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Oito de cada dez galegos emprega a internet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O 79,4% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 6,4%, con respecto ao ano anterior, superior ao crecemento do conxunto do Estado (5%). O crecemento máis importante rexístrase no tramo de idade dos 65 aos 74 anos, onde o uso da rede sube un 45% respecto ao ano anterior.

Son datos parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2017, que recolle tamén que que o 69,7% dos nenos galegos dispoñen de teléfono móbil, superando lixeiramente a media estatal (69,1%) e máis do 47% dos fogares galegos dispoñen de tablet.

Segundo a análise realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as cifras constatan que os mozos galegos superan a media estatal no uso das TIC e que se produce un crecemento significativo no uso de Internet entre os maiores galegos e nos concellos de menos de 10.000 habitantes.

Uso das TIC

Outro dos indicadores que experimenta un incremento significativo son as compras a través da Rede. Un 32,1% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet nos últimos tres meses, experimentando un crecemento do 5,6% respecto ao ano anterior.

Unha das conclusións positivas desta última enquisa do INE é que o uso das TIC por parte da mocidade galega que supera á media estatal nalgúns indicadores. Cabe sinalar, en especial, que a práctica totalidades dos mozos galegos de 16 a 24 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, superando a media estatal en 2 puntos porcentuais. Ademais, un 61,9% poboación galega de 25 a 34 anos supera en 4,7 puntos a media estatal nas compras a través Rede.

O uso dos servizos de Internet, por parte dos internautas galegos presenta, en moitos dos casos, valores semellantes ou superiores aos do resto do Estado. Un 81,2% le xornais ou revistas en liña, 3,7 puntos porcentuais por riba da media estatal. 57,2% dos internautas galegos emprega a banca en liña avantaxan, 2,6 puntos por riba da media estatal.

Tipo de conexión e hábitat

Segundo os datos que ofrece o INE, o 78,8% dos fogares galegos ten contratado Internet. Respecto ao tipo de conexión, cabe salientar que entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia, un 75% emprega unha conexión móbil de banda larga través dun dispositivo de man, situándose en valores próximos á media estatal (76,1%).

Respecto aos datos relativos ao tamaño do hábitat, é salientable que nos concellos con poboación de entre 50.000 e 100.000 habitantes, a media galega supera á estatal na contratación a Internet e a banda larga. Así, nestes concellos, a porcentaxe de vivendas con conexión de banda larga contratada sitúase no 95,8% fronte ao 84,3% da media estatal

Por outra banda, nos concellos galegos de menos de 10.000 habitantes, rexístrase un forte ritmo de crecemento dos indicadores relacionados coa contratación de Internet e de banda larga. Así, por exemplo, neste tipo de concellos a conexión de banda larga contratada en Galicia medrou un 4,1% situándose no 72%.

Uso de servizos de economía colaborativa

Atendendo ao regulamento comunitario que rexe esta enquisa estatal, incorporouse en 2017 un apartado sobre o uso de servizos de economía colaborativa, Por primeira vez, a enquisa investigou o uso de Internet para concertar con outra persoa aloxamento (habitación, apartamento, casa, etc.) ou servizo de transporte (coche, por exemplo)

Do total de usuarios de Internet nos 12 últimos meses en Galicia na franxa de idade de 16 a 74 anos (1.609.382 usuarios), o 15,9% utilizaron páxinas web ou apps para acordar con outro particular un aloxamento; é dicir, máis de 255.000 galegos.

5 de outubro de 2017 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.