publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O programa “Titoría entre iguais” reduce nun 60% os casos de acoso escolar nos centros nos que está a aplicarse

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal Portada
A-
A+
Ovidio Rodeiro na visita ao CEIP Recimil de Ferrol

Ovidio Rodeiro na visita ao CEIP Recimil de Ferrol

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o CEIP Recimil de Ferrol, onde tivo ocasión de coñecer de preto a funcionamento do programa Titoría entre Iguais, do que o centro é pioneiro na súa aplicación. Acompañado polo xefe territorial de Educación e pola directora do centro, o delegado mantivo un encontro no salón de actos cos estudantes de quinto, e os titorizados, os de terceiro de primaria. Os maiores recibiron os seus respectivos carnés de titores.

Esta iniciativa, baseada no respecto, a empatía e o compromiso, outorga unha importante autonomía e responsabilidade aos propios escolares, o que desemboca nun importante factor de motivación. Os alumnos de quinto de primaria convértense en titores dos compañeiros de terceiro actuando como se fosen irmáns maiores. Titoría entre Iguais desenvólvese en máis de 70 centros de toda Galicia e está conseguindo reducir nun 60% o número de casos de acoso escolar. A clave do éxito está en que os nenos séntense implicados na mellora da convivencia na escola. Os datos apuntan unha redución do 60% dos casos de acoso escolar que se viñan detectando.

O rapaz maior comprométese a converterse en referente no centro do seu titorizado, escoitar os problemas que este lle poida expor, ofrecer a súa compañía e amizade, e actuar de maneira preventiva. Todos os alumnos benefícianse de diferentes actividades relacionadas coas habilidades sociais. Favorecer a convivencia no centro, mellorar a integración do alumnado e traballar na non violencia son algúns dos obxectivos dun plan que inicia chega a súa segunda edición na comarca.

Ovidio Rodeiro felicitou aos impulsores da iniciativa e animou aos rapaces a “tomarse moi en serio este programa, porque o acoso escolar é un problema moi importante para quen o sufre, e vos tedes a oportunidade de previlo e evitalo”. O delegado comprometeuse a “seguir moi de preto o desenrolo do curso” e pediulle á directora que o manteña informado da súa aplicación, tamén entre alumnos de educación infantil.

Logo do remate do acto de entrega de carnés, Ovidio Rodeiro visitou as diferentes dependencias do centro. A directora manifestoulle a súa intención de solicitar que se inclúa o centro no programa E-Dixgal para a incorporación dos libros electrónicos e contidos dixitais.

9 de outubro de 2017 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.