publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica o traspaso a prol do Concello de Camariñas da zona de dominio público da AC-432, entre Santa María de Xaviña e a ponte sobre o río Trasteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCamariñasLocal Portada
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o cambio de titularidade de todo o dominio público, a excepción da calzada e das beiravías, do treito da estrada AC-432 situado entre os puntos quilométricos 13+950 e 14+960, a prol do Concello de Camariñas. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/3pgikV.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda recibiu a solicitude do Concello de Camariñas para o cambio da titularidade das beirarrúas existentes nas dúas marxes da estrada Vimianzo (AC-552)-Camariñas, dende a pista da igrexa ata o río Trasteiro, na parroquia de Xaviña. Trátase do tramo da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 13+860 e 14+960, no que se atopan os núcleos rurais de Covadiña- Crueiro e Agramar.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou proposta favorable á transferencia de titularidade da zona de dominio público da estrada no tramo comprendido entre a intersección coa estrada á igrexa de Santa María de Xaviña, na travesía de Cruceiro, e o inicio da ponte sobre o río Trasteiro.

Esta transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O cambio de titularidade será efectivo desde mañá mércores e a entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes.

Con esta transferencia, o Concello poderá actuar sobre esta vía, que pasa a ser de titularidade municipal, de modo acorde coas súas características urbanas, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas.

Así, este municipio poderá actuar sobre as beirarrúas, o que facilitará as labores de mantemento das mesmas e favorecerá as tarefas da Administración local con respecto as necesidades dos usuarios.

3 de outubro de 2017 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.