publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061-Galicia asistiu a 67 persoas por 51 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 67 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 29 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 1 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 67 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 14
Lugo: 8
Ourense: 6
Pontevedra: 23
Total Galicia: 51

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en tres sinistros.

En 62 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 5 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

9 de outubro de 2017 | 17:07 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario