publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural avalía co Concello de Monforte a colaboración a prol das infraestruturas rurais nesta localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonforte de Lemos
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Monforte

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Monforte

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá en San Caetano ao alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé. Ambos avaliaron as posibilidades de colaboración para a mellora das infraestruturas rurais neste municipio lugués.

En concreto, o rexedor trasladou a necesidade de intervir nos camiños de acceso a viñedos no lugar de Guímaro, dentro da parroquia de Marcelle. A titular de Medio Rural comprometeuse a estudar esta e outras demandas, co fin de potenciar a riqueza agraria deste concello.

3 de outubro de 2017 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.