publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente avalía cos sindicatos agrarios a adaptación do Plan do lobo á realidade actual da especie

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
A directora xeral de Patrimonio Natural na reunión con responsables. Foto: X. Crespo

A directora xeral de Patrimonio Natural na reunión con responsables. Foto: X. Crespo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio avalía cos sindicatos agrarios a revisión dos baremos por danos e a adaptación do Plan de xestión do lobo á realidade actual da especie. Así, en consonancia co compromiso adquirido por esta Consellería, a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos representantes sindicais co fin de coñecer as súas propostas de cara á planificación do 2018, en canto ás medidas que permiten combinar a conservación dos animais coa viabilidade das explotacións gandeiras.

Neste senso, Ana María Díaz trasladou que o departamento que representa é consciente da importancia que teñen para o sector as axudas para a reparación dos danos, polo que se continuará coa axilidade nas súas concesións e revisaranse, se procede, os baremos actuais, co fin de establecer axudas para os gandeiros máis xustas e no menor tempo posible.

A previsión é, tamén, actualizar o Plan, especialmente no relativo á zonificación do seu ámbito de aplicación e ás medidas de xestión, polo que se actualizarán ás zonas establecidas na planificación tomando como base o último censo da especie, elaborado no período 2013-2015, xunto coa información recompilada ao longo dos anos, e que poñen de manifesto que as circunstancias variaron nos últimos 9 anos.

Por último, a directora xeral reiterou a aposta da Xunta de Galicia por seguir traballando na senda da prevención dos danos, pois a longo prazo resulta máis rendible que investir só en danos, e recordou a liña de axudas destinadas especificamente á prevención de ataques, dotada con 400.000 euros para a adquisición de cans mastíns, pastores eléctricos e mallas electrificadas. Tamén se mantiveron as axudas para paliar os ataques á gandería e que este ano está dotada con 380.000 euros, un 6% máis que no 2016.

5 de outubro de 2017 | 16:19 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario