publicidade hoxe

López Abella incide na importancia de seguir fomentando o emprendemento feminino para acadar un marco real de igualdade de oportunidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
López Abella no II salón Empresarias de Galicia “Acción e Implicación”

López Abella no II salón Empresarias de Galicia “Acción e Implicación”

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, incidiu hoxe na importancia de seguir fomentando o emprendemento feminino para acadar un marco real de igualdade de oportunidades.

Susana López Abella participou esta mañá na inauguración do II salón Empresarias de Galicia “Acción e Implicación”, e na súa intervención fixo especial fincapé na importancia que moitas mulleres teñen xa no eido empresarial. Segundo relatou, moitas mulleres están á fronte de empresas como autónomas ou como titulares de pequenas empresas, polo que todas merecen especial recoñecemento polo seu esforzo, pola súa achega á economía e por ser creadoras de emprego.

A titular de Igualdade indicou que a igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida de todas as persoas, polo que compre seguir dando pasos para que a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres sexa unha realidade e seguir combatendo os roles e estereotipos de xénero que seguen fortemente arraigados na nosa sociedade.

O empoderameno económico e social das mulleres é fundamental, polo que é unha das liñas básicas de actuación da Xunta de Galicia, así como o fomento do emprendemento feminino, rematou López Abella.

26 de outubro de 2017 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.