publicidade hoxe

Licitado o equipamento para o novo centro de día-fogar residencial de Paradela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoParadela
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución que anuncia a licitación polo procedemento aberto multi-criterio e tramitación ordinaria para contratar o subministro do equipamento e amoblamento do novo centro de día e fogar residencial de Paradela, en Lugo.

As empresas interesadas en participar nese concurso terán 15 días naturais desde mañá, martes, 3 de outubro -o día seguinte á publicación do anuncio no DOG-, para presentar as súas ofertas. O orzamento desa actuación é de 129.485,36 euros (IVE incluído) e o prazo de execución, de 30 días.

O centro de día-fogar residencial de Paradela, construído pola Xunta de Galicia -o que supuxo un investimento de algo máis de 1,6 millóns de euros á administración autonómica-, conta con dous andares e ten unha capacidade total de 20 prazas de centro de día e 24 de fogar residencial.

A licitación do equipamento e amoblamento do centro de día e fogar residencial de Paradela supón un paso adiante cara á posta en funcionamento desa nova infraestrutura para a atención aos maiores de Paradela e a súa área de influencia. De feito, o Consorcio formalizará en breve co Concello de Paradela un convenio no que ambas as dúas administracións determinarán a fórmula de xestión axeitada para ese novo centro.

2 de outubro de 2017 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.