publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Galicia defende que a UE manteña para o resto das súas augas os mesmos criterios de reparto de cotas de pesca do Mar Báltico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+
Rosa Quintana e a ministra do Mapama en Luxemburgo

Rosa Quintana e a ministra do Mapama en Luxemburgo

Galicia defende que a Unión Europea manteña para o resto das súas augas os mesmos criterios de reparto de cotas de pesca do Mar Báltico. Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, en relación ao Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea que se está a celebrar en Luxemburgo e no que acompaña á ministra de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, en representación do resto das comunidades autónomas españolas en materia de pesca.

Un dos temas fundamentais desta xuntanza é precisamente o reparto de tacs e cotas para o Mar Báltico, unha zona na que España non ten intereses pesqueiros, pero que si é de relevancia, xa que nela se deciden os principios de TACs e cotas para determinados países, explicou a conselleira. Neste punto, o que vén defendendo e defende Galicia da man de España é que o Consello de Ministros sexa unitario neses criterios de reparto, tanto como para o Báltico como para o resto das augas da Unión Europea. Un posicionamento que se defende de cara ao Consello de Ministros de decembro, que é o decisivo, xa que nel se negocian e acordan as posibilidades de pesca dos Estados Membros para todo o ano 2018.

Ademais, España seguirá a demandar o reparto de bacallau e palometa que lle corresponde polo acordo de negociacións de pesca con Noruega. Estas cuestións son antigas demandas nas que tanto Galicia como España veñen insistindo. De aí, subliñou Rosa Quintana, a importancia de estar presentes neste Consello de Ministros no que unha vez máis Galicia volve representar a todas as comunidades autónomas que teñen competencias en materia de pesca e de estar cerca das decisións que adopta a Unión Europea neste eido.

Galicia exerce esta representación durante este semestre, despois de que a comunidade de Castela León lle cedese este poder que lle permite ter voz en Europa en materia de pesca. Este asunto foi aprobado no Consello Consultivo de Política Pesqueira para asuntos comunitarios celebrado no mes de xullo.

Outro dos asuntos que se aborda neste Consello de ministros son as diferentes opinións en relación á Comisión Internacional para la Conservación del Atún Atlántico (ICCAT), que se celebrará en Marrakech no mes de novembro. Os temas obxecto deste Consello de Ministros foron abordados previamente a semana pasada en Madrid, no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios, no que se fixaron os posicionamentos de España en relación a este Consello de Ministros de Pesca da UE que se está a celebrar de Luxemburgo.

9 de outubro de 2017 | 17:15 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario