publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal en de Viana do Bolo, parroquia de San Mamede

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosViana do Bolo
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de San Mamede.

O incendio comezou ás 13,05 h. de onte e quedou finalmente extinguido ás 21,10 h. da noite. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 48,65 hectáreas, das cales 1,45 son de arborado e o resto de monte raso. Para extinguilo mobilizáronse 5 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

26 de outubro de 2017 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.