publicidade hoxe

Ethel Vázquez reafirma o compromiso coa VAP Tui-A Guarda co inicio das expropiacións do enlace de Areas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraTui
A-
A+
Ethel Vázquez na visita a Tui

Ethel Vázquez na visita a Tui

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes do Baixo Miño e cos representantes da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui, ante os que reafirmou o compromiso do Goberno galego coa VAP Tui- A Guarda co inicio das expropiacións do enlace de Areas nas vindeiras semanas e unha planificación viable para os treitos restantes.

Vázquez Mourelle explicou que este decreto de utilidade pública e urxente ocupación comprende as expropiacións das 66 fincas necesarias para a execución deste enlace de acceso ao polígono de Areas, estando previsto o levantamento de actas previas e o inicio dos pagos no primeiro trimestre de 2018.

Estas expropiacións teñen un custo estimado en preto de 270.000 euros e viranse sumar aos 6,8 millóns de euros pagados polas expropiacións correspondentes ao treito I da VAP. Neste sentido, a conselleira indicou que os Orzamentos do Goberno galego de 2018 recollen unha partida específica de 2 millóns de euros, o que vai permitir licitar e iniciar as obras deste treito, cun investimento de 18 millóns, entre a A-55 e o enlace de Areas xa en 2018, así como avanzar no proxecto de desdobramento da recta de Figueiró para licitalo en 2019.

A titular de Infraestruturas salientou que tras unha análise técnica, funcional e social, e logo de telo consensuado cos concellos implicados e cos empresarios, adoptouse a decisión de que o primeiro treito no que se vai actuar é o citado enlace, no que conflúen a futura VAP á Guarda, a autovía A-55 que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías, a N-551que leva á ponte internacional e a estrada autonómica PO-552, que vertebra o Baixo Miño.

O Executivo autonómico iniciou o ano pasado os trámites administrativos necesarios, comezando pola aprobación do trazado, a contratación do proxecto construtivo para a súa redacción e o proceso de información pública, ao que se someteu o proxecto nos meses de maio e xuño de 2016, sen que se presentaran alegacións, o que proba o elevado consenso existente neste punto.

Avance por fases

A conselleira tamén abordou cos concellos e cos axentes implicados as actuacións futuras que nos permitan seguir avanzando ata ver completado este importante eixe de comunicación. Concretou que a mellor fórmula para facer realidade as infraestruturas é executalas por fases e vía orzamentaria, con fondos propios da Xunta, sen recorrer ao réxime concesional.

No encontro reiterouse a vontade da Xunta de seguir avanzando na execución da vía de altas prestacións Tui-A Guarda, dividindo o trazado ata Goián en diferentes subtreitos que a fagan viable e faciliten a súa execución.

Ethel Vázquez tamén informou aos alcaldes da proposta da Xunta para variar o trazado da VAP, na súa parte final, entre a PO-350 e Goián, coa fin de acadar unha maior viabilidade económica, mellor vertebración do territorio e menor impacto ambiental, que se reducirá nun 57 %. Precisou que para isto, xa se ten licitado o contrato de servizo para a redacción do novo proxecto de trazado e a tramitación ambiental. A licitación foi publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia, cun orzamento de 252.000 euros e un prazo de execución de 24 meses.

Trátase de que a proposta de redacción do novo proxecto de trazado se configure nos últimos dous km con características de autovía urbana, con catro carrís e enlaces a nivel con rotondas. Deste xeito, redúcense a afección nas marxes da infraestrutura, xa que se minimiza o impacto na ribeira do río Miño, así como o impacto sobre as vivendas, ao adaptarse mellor ao terreo reducindo desmontes e terrapléns.

A conselleira fixo fincapé en que ademais de reducir ao máximo o impacto ambiental, minimizar a afección ás vivendas e mellorar a permeabilidade sobre o territorio, a proposta plantexada hoxe aos alcaldes fai máis viable a execución da infraestrutura, mantendo a calidade e a seguridade viaria.

24 de outubro de 2017 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.