publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís e o alcalde de Ponte Caldelas analizan as necesidades deste concello xurdidas a causa dos lumes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonte CaldelasPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na reunión co alcalde de Ponte Caldelas

Cores Tourís na reunión co alcalde de Ponte Caldelas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, co obxectivo de analizar as necesidades do municipio tralos o lumes sufridos na noite do domingo 15 de outubro.

Na reunión tamén estivo presente o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo.

José Manuel Cores Tourís púxose a disposición do rexedor “nestes duros momentos” e recordoulle que o Goberno galego aprobou xa un decreto de medidas urxentes co obxectivo de paliar e reparar, na medida do posible, os danos provocados polos lumes. Tamén agradeceu aos veciños da localidade, os membros das brigadas de extinción e a Garda Civil a súa labor neses días para axudar a frear os incendios e evitar que os danos foron maiores.

“Dende a Xunta queremos facer especial fincapé nas vivendas pero tamén nas empresas e os autónomos afectados, o é o caso de varios desta localidade”, engadiu o delegado territorial, quen destacou que xa se está a traballar cos concellos afectados de cara a concretar o alcance dos danos sufridos nas infraestruturas públicas así como nas traidas de auga parroquiais e palialos. “Tamén se iniciaron xa os primeiros estudos de afectación sobre o patrimonio natural, co obxectivo fundamental de evitar que, a causa das chuvias, as cinzas cheguen aos ríos e mesmo ás costas”.

Neste senso, analizou co alcalde de Ponte Caldelas as problemáticas que presenta actualmente o municipio, en especial, en relación as cinzas que poden chegar aos acuíferos. José Manuel Cores Tourís destacou que dende a Consellería de Medio Rural se está a organizar o protocolo a seguir na aplicación do sistema Mulching “para que as administracións se poidan coordinar e que os esforzos vaian dirixidos a onde fai falla e sobre todo, para que sexan o máis efectivos posibles. É necesario que se traballe conxuntamente para conseguilo”.

O decreto aprobado recentemente polo Consello da Xunta recolle tamén que as persoas que sufriron perdas materiais, especialmente aquelas que viron como o lume afectaba ás súas casas, dispoñan tanto de asesoramento como de axudas.

Neste senso, tamén lle solicitou ao concello, “como xa o estamos a facer co resto dos municipios afectados”, unha primeira avaliación dos danos en infraestruturas públicas afectadas polo lume, desde a iluminación pública ata o mobiliario urbano e as vías de comunicación ou os sistemas de abastecemento de auga. Ademais, “tamén se está xa a traballar na análise dos ríos e das costas co obxectivo de minimizar o risco de que as precipitacións provoquen riadas; planificar a reforestación da superficie afectada, cando sexa preciso, e rexenerar así o patrimonio natural”.

Tal e como se comprometeu o delegado territorial co rexedor do municipio, unha vez que se aproben as diferentes liñas de axudas das consellerías, enviarase a un técnico da Xunta ao concello de Ponte Caldelas para axudar ao municipio de cara a axilizar a solicitude das diferentes axudas. “Os veciños de Ponte Caldelas sufriron un dos incendios máis duros e temos, dende tódalas administracións, que traballar xuntos para darlles solucións e minimizar o impacto destes terribles lumes”.

24 de outubro de 2017 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.