publicidade hoxe

Cores Tourís comproba o avance das obras de rehabilitación do antigo mercado de Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoraña
A-
A+
Cores Tourís na visita ás obras en Moraña

Cores Tourís na visita ás obras en Moraña

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Moraña, en compaña da alcaldesa da localidade, Luisa Piñeiro, co obxectivo de comprobar o avance das obras rehabilitación do antigo mercado que se desenvolven a través do Plan Hurbe.

Na visita estivo tamén presente o xefe territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, José Manuel González, así como responsables da empresa adxudicataria.

Estes traballos execútanse grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Moraña a través do cal se destinan case 230.000 euros para poder rehabilitar a cuberta do antigo mercado e rehabilitación da súa estrutura, un edificio que data dos anos 50 e que actualmente se atopa fora de servizo.

Esta edificación ten unha forma triangular con esquinas en chafrán e consta de edificación e patio de planta única. Está construída con muros de carga de pedra granítica gris, sobre os que se apoia a totalidade da estrutura da cubeta, realizada a base de cercas de madeira e cubrición de tella plana, cunha superficie total o mercado de 650 metros cadrados e 155 o patrio cuberto.

“Este edificio atopábase en desuso, debido ao mal estado de conservación e avanzado deterioro”, explicou Cores Tourís quen matizou que “unha nova cuberta permitirá garantir a estabilidade e estanquidade da mesma. O concello ten o obxectivo de destinar a nova infraestrutura a fins socioculturais, para o que se destinarán zonas para aulas de formación, para locais de asociacións e para a terceira idade así como se executará un salón de actos con 200 butacas que dará servizo aos colectivos da localidade”.

O proxecto contempla a demolición das dúas cubertas da edificación, tanto do edificio como do patio, e a realización unha nova estrutura que abrangue ambos dous espazos a base de cerchas de madeira serrada, para elevar a estrutura do patio central e introducir luz polos laterais que se xeran coa elevación. Nestes intres xa se procedeu a demolición da cuberta e dalgunhas divisións interiores, estando xa soldada toda a estrutura do patio interior. “Nestes intres, segundo nos apuntan dende a empresa adxudicataria, estanse a colocar as cercahas que forman a estrutura metálica da cuberta oeste da edificación e comezarase coa instalación da chapa grecada que forma parte da cuberta”, engadiu o delegado territorial.

Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, “este investimento inscríbese no Plan Hurbe, que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social”.

Ao abeiro do Plan Hurbe, téñense investido na provincia de Pontevedra nos últimos anos máis de 46 millóns de euros en 29 actuacións en 25 concellos.

5 de outubro de 2017 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.