publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal no concello ourensán de Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, permanece controlado desde as 20,10 h. de onte.

O incendio comezou ás 20,07 h. do luns e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 20 hectáreas. No control deste lume levan traballado 9 axentes, 29 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

4 de outubro de 2017 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.