publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal en Lobios que afecta ao Parque Natural do Xurés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo arestora rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. O incendio comezou ás 20,07 h. de onte e, segundo as últimas etimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 6 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

3 de outubro de 2017 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.