publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Actívanse novos instrumentos de financiamento para apoiar máis de 100 proxectos de pemes galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda en rolda de prensa. Foto: X. Crespo

Alfonso Rueda en rolda de prensa. Foto: X. Crespo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe a activación nas próximas semanas do novo Programa de instrumentos financeiros innovadores que, cunha mobilización de 60 millóns de euros, apoiará máis de 100 proxectos de pemes galegas en materia de innovación, emprendemento e Industria 4.0.

Durante a rolda de prensa do Consello, Rueda precisou que os préstamos, comprendidos entre 50.000 euros e un millón, contarán con prazos de amortización de entre 7 e 12 anos e incluirán unha subvención para rebaixar os custos financeiros, polo que os xuros a pagar polos beneficiarios poderían quedar no 0%.

Así mesmo, un dos obxectivos dos instrumentos financeiros innovadores será conseguir que o financiamento das entidades financeiras privadas cubra entre o 25 e o 40% dos investimentos apoiados.

Máis polo miúdo, o vicepresidente da Xunta explicou que a primeira liña de apoio estará dirixida á Industria 4.0 e apoiará especialmente investimentos centrados no denominado novo modelo industrial.

Cómpre subliñar ademais que nesta liña os importes dos préstamos poderán ir desde 65.000 euros ata un millón, para cubrir ata o 65% dos investimentos en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade ou liñas de fabricación de novos produtos. E, terán prioridade proxectos que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e a Industria 4.0 -robotización, automatización, conectividade, vehículos autónomos, dixitalización, big data ou Loxística 4.0-.

A segunda tipoloxía de préstamos irá destinada a sociedades mercantís constituídas maioritariamente por novos emprendedores e cunha antigüidade máxima de 42 meses. O importe dos préstamos, que poderá oscilar entre os 50.000 e os 200.000 euros, financiará ata o 50% dos activos fixos e capital circulante necesario para a posta en marcha de novos negocios, tendo prioridade tamén modelos de negocio novidosos e proxectos vinculados aos obxectos da Axenda Industria 4.0 e á RIS3.

Por último, e a través da terceira liña de financiamento concederanse préstamos comprendidos entre 50.000 e 500.000 euros, para financiar investimentos innovadores de pemes, e tamén empresas de traxectoria contrastada que deciden impulsar proxectos innovadores.

“Estamos a falar, en definitiva, de novos instrumentos de financiamento que se aproban cun obxectivo claro: en Galicia temos que innovar e cada vez máis” concluíu, a modo de resumo.

5 de outubro de 2017 | 16:55 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario