publicidade hoxe

A Xunta traballa na modificación do proxecto co fin de iniciar o antes posible a construción de 40 vivendas públicas no parque ofimático da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A Xunta xa está a traballar na modificación do proxecto para poder construír o antes posible 40 vivendas de promoción pública no Parque Ofimático da Coruña. Unha vez iniciada a modificación do proxecto, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda agarda a máxima implicación do Concello da Coruña nesta iniciativa social, e pide que non se volva repetir unha demora de nove meses na resposta á solicitude de licenza para executala.

Se ben o Instituto Galego mantén a estrita corrección xurídica do proxecto presentado ante a Administración local, mantén como obxectivo prioritario a construción das vivendas sociais que a cidade da Coruña necesita, polo que evitará novos recursos que deriven en máis dilacións para o proxecto.

O Goberno galego solicitou en decembro do ano 2016 licencia para a construción destas 40 vivendas ante o Concello da Coruña, que non emitiu resposta ata o pasado mes de setembro, en que comuniciou a súa denegación.

O proxecto incialmente presentado pola Xunta para a concesión da licenza municipal respecta estritamente a edificabilidade máxima da parcela, que dispón de 4.800 metros cadrados de uso residencial e 960 metros cadrados para locais comerciais, do que resulta un total de 5.760 metros cadrados.

Non obstante, o Goberno galego está a realizar axustes no proxecto coa fin de dotar á Coruña das vivendas de promoción pública comprometidas para facilitar o acceso a un fogar ás persoas con menos recursos.

A Xunta considera prioritario o obxectivo de construción do mesmo número de vivendas sociais inicialmente previstas, a pesar de que os condicionantes municipais dificultan o desenvolvemento de 40 inmobles.

A modificación obriga á construción doutro soto, o que suporá o incremento do investimento inicial previsto, que ascendía a 5,5 millóns de euros. Ademais, a demora dos trámites non permitirá a execución da partida recollida nos Orzamentos da Xunta para este exercicio.

Estes cambios no proxecto tamén significarán destinar o baixo a locais comerciais, tendo en conta que non existe unha demanda acreditada.

11 de outubro de 2017 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.