publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta impulsa a ordenación dos montes galegos con novas axudas que ascenden a 4 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, o impulso á ordenación dos montes galegos con novas axudas por valor de catro millóns de euros para garantir o aproveitamento sustentable.

Estas achegas, que se aprobarán nun breve período de tempo, estarán destinadas á redacción dos instrumentos de ordenación como os proxectos de ordenación, documentación simple de xestión, documentos compartidos de xestión e os documentos de adhesión masiva a modelos silvícolas. Non en van, estes instrumentos serán imprescindibles a partir de maio de 2020, cando todos os montes ou terreos forestais terán que dispoñer dun instrumento de ordenación ou xestión forestal para autorizar os aproveitamentos.

Así, na orde de axudas establécense catro liñas. A primeira para zonas declaradas de alto ou medio risco de incendio; e a segunda liña será de aplicación naqueles montes que se encontren nalgún dos tres casos seguintes: montes polo menos parcialmente cubertos por masas consolidadas de frondosas autóctonas, en Rede Natura 2000, e os situados en zonas de policía -chámase así aos 100 metros a partir da canle dun río- das Áreas de Risco Potencial significativo de Inundacións”, precisou.

As liñas tres e catro serán de aplicación a montes con terreos produtivos de masas de crecemento rápido, polo menos no 50% da súa superficie, e diferéncianse segundo o instrumento de ordenación que utilicen.

Alfonso Rueda destacou ademais que as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) contarán con liñas específicas co obxectivo de favorecer o seu impulso como figura destacada á hora de poñer en valor os montes.

Sobre este punto, recordou que, tal e como xa anunciou o presidente da Xunta, se incorporarán criterios de flexibilización nas Sofor e se aprobará unha rebaixa fiscal para as persoas que fagan investimentos a través delas.

5 de outubro de 2017 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.