publicidade hoxe

A Xunta destaca o papel do asociacionismo no impulso ao comercio do barrio de Teis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron o mercado e as rúas comerciais do barrio vigués de Teis, onde destacaron o importante papel que xoga o asociacionismo comercial no impulso ao sector na zona e en xeral na dinamización social e económica do barrio.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora tanto coa asociación de praceiros do mercado de Teis como co centro comercial aberto (CCA) da zona na posta en marcha de diferentes actuacións centradas na dinamización e na atracción de clientes. Ambas participan no programa da Xunta para impulsar o labor que desenvolven este tipo de entidades, correspondéndolles unha axuda de 9.800 euros no caso da asociación de praceiros e de máis de 27.400 no caso do CCA.

A Xunta ten en marcha o Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que busca modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego e que está articulado arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

Un dos eixos clave deste plan é o apoio ao asociacionismo comercial, polo importante labor que desenvolve na modernización e a dinamización do sector. En total, a través deste plan as asociacións de comerciantes da cidade de Vigo reciben este ano apoios da Xunta por máis de 160.000 euros para a realización de distintas campañas e iniciativas.

24 de outubro de 2017 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.