publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta continúa a traballar cos concellos galegos para coordinar e mellorar as actuacións en materia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOímbra
A-
A+

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe unha nova xuntanza de traballo coa alcaldesa de Oímbra (Ourense), Ana María Villarino Pardo. Este encontro enmárcase na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

Neste sentido, a Xunta de Galicia incrementou en preto dun 12% neste 2017 o número de horas dispoñibles no Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Isto tradúcese nun aumento de 2.016 horas anuais, o que fai un total de 19.020 horas de servizo ao ano.

Asemade, ambos mandatarios analizaron o mapa de infraestruturas autonómicas emprazadas nesta localidade, como a escola infantil que oferta 20 prazas para nenos e nenas menores de 3 anos e para a que a Xunta destina 90.000 euros en concepto de mantemento.

No que respecta área de maiores e persoas con discapacidade, Oímbra conta cun centro de día con 21 prazas públicas de titularidade autonómica e no que se realizaron obras de mellora o pasado ano.

Por último, Rey Varela e Villarino Prado abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe en Oímbra. “O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais”, asegurou o conselleiro tras finalizar o encontro.

23 de outubro de 2017 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.