publicidade hoxe

A Xunta avoga pola capacitación dixital para adaptar os perfís profesionais á demanda do mercado laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Mar Pereira na VII Xornada Informática Xudicial

Mar Pereira na VII Xornada Informática Xudicial

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, indicou hoxe que para garantir que a actual transformación dixital sexa inclusiva é “preciso facilitar o acceso a novas habilidades dixitais e camiñar cara á hibridación entre o mundo humanístico e tecnolóxico”.

Ante a redefinición dos perfís profesionais a Xunta avoga por Impulsar as vocacións tecnolóxicas e facilitar a capacitación dixital noutros ámbitos. Un obxectivo, que segundo Mar Pereira, precisa do “compromiso conxunto da Administración, a Universidade e a empresa para adaptarnos ás esixencias do mercado laboral e equilibrar a demanda de novos perfís e a diminución de ocupacións tradicionais”.

A directora da Amtega, xunto co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), inaugurou hoxe a VII Xornada de Informática Xudicial, na Cidade da Cultura. A xornada reúne a un panel de relatores expertos do ámbito da avogacía, a enxeñaría informática, a maxistratura e as forzas de seguridade do Estado, que analizarán os retos da ciberseguridade e da revolución que supón a intelixencia artificial na aplicación da lei.

Novo Regulamento Europeo da Protección de Datos

Respecto da Ciberseguridade e a privacidade, a máxima responsable da estratexia dixital da Xunta destacou que a Administración autonómica está a traballar para adaptarse ao novo Regulamento Europeo de Protección de Datos, que entrará en vigor en maio de 2018. Este proceso de adaptación enmárcase no Plan Director de Ciberseguridade da Xunta, co que nos últimos anos incrementáronse as capacidades de prevención, detección e reposta ante incidentes de seguridade.

Ademais, as actuacións deste plan reforzarase coa Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), actualmente en proceso de elaboración, e coa que buscamos prestar un servizo personalizado e proactivo á cidadanía.

4 de outubro de 2017 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.