publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta adxudica 15.000 metros cadrados de solo empresarial nos parques de Carballo e Santiago

A Xunta de Galicia adxudicou un total de 15.303 metros cadrados de solo empresarial nos parques empresariais de Bértoa, en Carballo, e na Sionlla, en Santiago de Compostela, tal como acordou hoxe o consello de administración da empresa pública Xestur. As bonificacións aplicadas ao prezo de venda das parcelas supera aos 393.000 euros.

No parque empresarial de Bértoa adxudicáronse catro parcelas a tres empresas, cunha superficie total de 13.578 metros cadrados e bonificacións no prezo de venda por importe de máis de 318.000 euros.

Polo que respecta ao parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela, adxudicouse unha parcela, cunha superficie de 1.200 metros cadrados e bonificación de máis de 55.000 euros.

Ademais, o consello de administración de Xestur autorizou a permuta dunha parcela no parque empresarial da Sionlla, co obxectivo de que unha empresa que adquiriu solo neste parque poida cambiar a parcela inicialmente adxudicada por outra máis grande e mellor adaptada ás súas necesidades. Isto permitirá á empresa interesada devolver a Xestur a parcela de 675 metros cadrados e mercar unha de 1.200 metros cadrados, aboando a diferenza de prezo, que ascende a 44.920 euros. Neste caso, a bonificación será de 22.430 euros.

En total, dende a implantación das bonificacións no prezo do solo adxudicado en compravenda e da creación do dereito de superficie, a Xunta de Galicia leva adxudicado, a través do IGVS e Xestur, máis dun millón de metros cadrados de solo empresarial, superando amplamente as adxudicacións realizadas nos anos anteriores e volvendo aos niveis de antes da crise.

23 de outubro de 2017 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.