publicidade hoxe

Xunta e Concello de Oza-Cesuras colaboran na reforma do centro de saúde de Oza dos Ríos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaOza/Cesuras
A-
A+
O conselleiro de Sanidade na sinatura do convenio co rexedor de Oza-Cesuras

O conselleiro de Sanidade na sinatura do convenio co rexedor de Oza-Cesuras

O Servizo Galego de Saúde e o Concello de Oza-Cesuras colaborarán nas obras de reforma do centro de saúde de Oza dos Ríos, que terán un orzamento total de 116.807,57 euros cofinanciado ao 50% por ambas as dúas administracións.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde deste municipio, Pablo González Cacheiro, asinaron esta mañá un convenio con este obxectivo, xa que os servizos técnicos do Sergas detectaron que este centro sanitario require de actuacións de mantemento para ofrecer o mellor servizo posible aos seus usuarios.

As obras abarcarán tanto a reparación exterior da fachada do edificio como diversos traballos de reforma, que inclúen labores de carpintería, alicatado e revestimento.

Segundo o acordo asinado hoxe, o Concello de Oza Cesuras, como titular do centro de saúde, asumirá a supervisión do proxecto técnico de obras e a contratación, dirección e execución da reforma; mentres que ao Servizo Galego de Saúde lle corresponde a coordinación, xunto ao Concello, daquelas actuacións que resulten necesarias para garantir o mantemento e a continuidade asistencial durante o prazo de execución das obras.

20 de setembro de 2017 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.