publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia colaboran para axilizar os informes periciais solicitados polos xulgados de familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda na sinatura do convenio. Foto: X. Crespo

Alfonso Rueda na sinatura do convenio. Foto: X. Crespo

A Xunta pon en marcha a colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para axilizar ao máximo os informes periciais solicitados polos Xulgados de Familia debido ao incremento da carga de traballo destes xulgados nos últimos anos.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou coa presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Marta Capeáns, o convenio de colaboración para a emisión de informes periciais coa finalidade de reducir a carga de pendencia de informes psicosociais nos asuntos de Familia, e que conta cun orzamento máximo de 105.500 euros.

Coa posta en marcha desta colaboración, a Xunta espera que se leven en prazo os informes periciais pedidos polos xulgados e remita a pendencia acumulada nos últimos meses nos xulgados de Familia, ao mesmo tempo que se axilizan as resolucións xudiciais, nun eido tan sensible como é os asuntos que levan estes xulgados.

Nos últimos meses incrementouse a entrada de asuntos nos Xulgados de Familia, o que está a conlevar acumulación dos informes que estes solicitan aos equipos psicosociais xa que ao mesmo tempo incrementouse tamén a solicitude de valoracións por parte dos xuíces.

Segundo especifica o convenio hoxe asinado, os traballadores sociais que realicen estes servizos deberán ser seleccionados/as entre os/as colexiados/as que cumpran cos requisitos xurídico administrativos para o exercicio profesional, conforme a que estean desempeñando actividades de similares características e á súa formación e especialización no ámbito da psicoloxía xurídica.

Esta colaboración únese á xa iniciada co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia na emisión de informes periciais solicitados polos Xulgados de Familia.

11 de setembro de 2017 | 16:34 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario