publicidade hoxe

Román Rodríguez gaba a figura de Fernández Albor definíndoo como “un líder tranquilo e integrador”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na inauguración do simposio Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente, onde gabou a figura de Fernández Albor, a quen definiu como “un líder tranquilo e integrador”. “Don Gerardo representa os valores de convivencia, respecto e tolerancia”, destacou.

O titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia repasou os grandes fitos históricos desde o nacemento de Fernández Albor, en 1917, posto que, segundo salientou, “non se pode entender a súa historia propia sen analizar o contexto histórico e internacional; a historia profesional e persoal de Albor é a historia de todos nós, da Galicia contemporánea”. Así mesmo, o conselleiro agradeceu o traballo dos organizadores do simposio, coordinado polo foro Galicia Milenio, por relembrar a unha das figuras clave da Galicia autonómica.

15 de setembro de 2017 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.