publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVedra
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración con axentes forestais esclareceron un incendio no concello coruñés de Vedra.

Os axentes da Policía Autonómica en colaboración co persoal do Distrito Forestal III-Santiago-Meseta Interior, procederon á imputación dun varón como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 2 de setembro, e que afectou a 1,3 hectáreas de superficie rasa.

Realizadas as investigacións pertinentes, comprobouse que a orixe do lume foi provocado polo lanzamento de fogos artificiais, con motivo da celebración da festa das Dores, na parroquia de Santa Eulalia, no concello de Vedra.

Por estes feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Santiago de Compostela. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 85 persoas por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.

8 de setembro de 2017 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.