publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os gobernos galego e portugués intercambian experiencias sobre o traslado de residuos transfronteirizos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorLocal PortadaPortada esquerdaTui
A-
A+
Participantes na xornada de formación en Tui

Participantes na xornada de formación en Tui

O Goberno galego e portugués veñen de intercambiar experiencias sobre o traslado de residuos transfronteirizos nunha xornada celebrada en Tui, na que participaron inspectores ambientais e axentes dos corpos e forzas de seguridade de España e Portugal.

Tratouse dunha xornada formativa teórico-práctica en materia de movementos transfronteirizos de residuos por estrada, organizada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, xunto coas autoridades responsables da Inspección Ambiental de Portugal.

O obxectivo foi facilitar que todo o persoal que colabora ou participa nos labores de inspección ambiental coñeza os cambios introducidos na normativa europea e os novos protocolos de actuación a aplicar no control fronteirizo, como o Regulamento Comunitario 1013/2006, de 14 de xuño, e o Regulamento 1418/2007, de 29 de novembro, así como a normativa legal de fin de residuos sobre ferralla metálica, de cobre e envases de vidro.

20 de setembro de 2017 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.