publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O orzamento destinado á Xustiza Gratuíta incrementouse nun 28% acadando os 11 millóns de euros anuais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta recorda que incrementou nun 28 por cento o orzamento destinado á Xustiza Gratuíta nos últimos anos oito anos, ata acadar unha inversión anual de 11 millóns de euros, nun escenario en que outros territorios recortaron considerablemente a partida económica.

Este mesmo ano a consignación orzamentaria foi incrementa nun 10 por cento ata acadar os 11 millóns de euros. As variacións no gasto efectivo que se experimentan ano a ano, tanto ao alza como á baixa, son consecuencia do maior ou menor número de asuntos que os galegos con dereito á xustiza gratuíta levan aos xulgados, e así produciuse un descenso do 2015 ao 2016 na quenda de oficio, porque os colexios profesionais certificaron menos asuntos.

Polo que hai que especificar que a baixada no gasto en Xustiza Gratuíta responde a que descenderon os asuntos, non a que a Xunta destine menos cartos ou faga menos inversión para a quenda de oficio.

Ademais o goberno galego, sensible á importancia deste servizo, mellorou a quenda de oficio reducindo considerablemente a xestión e o pago aos colexios profesionais, e actualmente ditos pagos realizase nunha media de 23 días desde a xustificación dos asuntos, cando viñamos dunha media que estaba en torno aos 90 días. Esta celeridade é un requisito indispensable para a mellora dun servizo que permite incrementar as garantías do dereito dos cidadáns a unha xustiza áxil e de calidade.

Compromiso ca Asistencia Xurídica Gratuíta

Desde o inicio da pasada lexislatura a Xunta mostrou o seu firme compromiso coa Asistencia Xurídica Gratuíta; ao considerala un servizo fundamental para garantir a igualdade de condicións de todos os cidadáns no acceso á Xustiza.

18 de setembro de 2017 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.