publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O goberno galego apoia ao centro de desenvolvemento rural Ancares no seu labor social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe o centro de desenvolvemento rural Ancares, un proxecto integral que traballa no eido social, económico e educativo no concello de Cervantes (Lugo). Alí o titular autonómico salientou o labor desta entidade que tamén centra a súa actividade na mellora da calidade de vida das persoas que máis o precisan.

Na actualidade, CDR Ancares ten activos diferentes programas como Vivir na casa, unha iniciativa en colaboración con Cáritas que axuda ás persoas maiores nas súas tarefas diarias. Cómpre destacar que preto dun terzo da poboación deste concello son persoas con máis de 65 anos.

Así mesmo, tamén traballan cos nenos e nenas da localidade organizando visitas a cada unha das familias que presentan situacións de dispersión ou illamento propiciando a baixa autoestima e o fracaso escolar do pequeno e a negativa valorización da súa contorna.

CDR Ancares leva a cabo outras actividades como animación con mulleres ou itinerarios de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero.

A Xunta de Galicia apoia todas estas iniciativas a través dunha inversión de 28.210 euros en 2016-21017 grazas á cal a entidade pode seguir traballando en prol da sociedade do concello de Cervantes.

15 de setembro de 2017 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.