publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Corredor do Morrazo pecha ao tráfico o 9 de outubro do para facilitar os desprazamentos durante a celebración da feira Conxemar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasLocal PortadaMoañaPortada dereita
A-
A+

A Xunta adía ao vindeiro 9 de outubro o peche ao tráfico do corredor do Morrazo para facilitar os desprazamentos durante a celebración da feira Conxemar. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda acaba de trasladarlle esta decisión aos Concellos de Moaña, Cangas e Bueu, así como ás empresas que están a desenvolver os traballos no corredor coa fin de realizar os axustes necesarios na programación das obras.

O Goberno galego e os citados municipios da comarca do Morrazo acordaron no pasado mes de xuño variar o trazado da autovía para preservar o castro de Montealegre, o que implicará pechar o tráfico para avanzar nas obras entre outubro e o vindeiro mes de maio, cando xa se abrirán os dous primeiros treitos con características de autovía.

Esta alternativa permitirá preservar, na súa totalidade, o castro, no que se vén traballando intensamente desde a Xunta, nos limitados ámbitos que inicialmente quedaban afectados pola infraestrutura.

Nos últimos meses a AXI levou a cabo un estudo técnico que certifica que ampliar o túnel actual, en lugar de facer un segundo, é tecnicamente viable, ademais de constituír unha obra de referencia da que non se coñecen equivalencias en España.

O Goberno galego continúa a traballar para dar resposta a unha vella demanda e dotar canto antes aos veciños e á comarca dunha infraestrutura estratéxica e fundamental para o reforzo da seguridade viaria, para resolver os problemas de capacidade e mellorar a vertebración territorial.

15 de setembro de 2017 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.