publicidade hoxe

Medio Rural cédelle a Ordes un predio da parcelaria de Mercurín-Lesta II para a ubicación dun punto de captación de auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaOrdes
A-
A+

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, vén de cederlle ao concello de Ordes a titularidade dun predio situado na zona de concentración parcelaria de Mercurín-Lesta II, tal e como recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).

A parcela, que no citado proceso de concentración parcelaria integrábase na relación de predios cualificados como masas común, coa cesión pasa a formar parte das adxudicacións do Concello, despois de que este o solicitara para a creación dun punto de captación de auga. Segundo a lei de Concentración Parcelaria para Galicia, cando un proceso de reorganización do territorio aínda non está rematado, os concellos poden solicitar o traspaso de predios deste fondo de terras para equipamentos colectivos ou fins de interese social.

A parcelaria da zona de Mercurín-Lesta II, que está en fase de acordo, afecta unha superficie de 1.329 hectáreas, repartidas en 1.082 leiras propiedade de 653 veciños. Dende finais do pasado ano, os habitantes desta zona puideron facer uso dos novos predios, beneficiándose así do aumento da base territorial que supoñen estes procesos de reordenación parcelaria.

21 de setembro de 2017 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.