publicidade hoxe

López Abella incide na importancia da conciliación laboral e familiar para acadar a igualdade efectiva entre homes e mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
V Congreso sobre a feminización do dereito privado

V Congreso sobre a feminización do dereito privado

A Xunta incidiu hoxe na importancia da potenciar a conciliación persoal, laboral e familiar como un dos retos para acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participaron hoxe na inauguración do V Congreso sobre a feminización do dereito privado. Muller, maternidade e dereito, que tivo lugar na Facultade de Dereito.

Segundo indicou López Abella, a conciliación entre a vida familiar, persoal e laboral, e a corresponsabilidade no ámbito domestico e familiar constitúen un dos grandes retos do século XXI, sendo un dos ámbitos fundamentais para a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Esta conciliación constitúe unha problemática complexa e conflitiva para unha parte da cidadanía, as mulleres, que viven en primeira persoa este conflito, pero tamén para os homes, as familias, os concellos, as empresas, o mercado laboral e a sociedade en xeral.

Pola súa banda, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín destacou que a feminización do dereito privado é un camiño lexislativo, un proceso que se ten que ir plasmando nas nosas leis, para avanzar cara unha igualdade dende a diversidade.

Juan José Martín rematou a súa intervención indicando que o Goberno galego asumiu nos últimos anos un firme compromiso coa sociedade galega en favor da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, compromiso que se vén materializando desde hai anos no desenvolvemento de medidas e instrumentos xurídicos, políticos, económicos e sociais orientados á supresión dos obstáculos que aínda persisten nos distintos ámbitos e que impiden que a igualdade entre os sexos sexa real e efectiva.

21 de setembro de 2017 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.