publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Infraestruturas inicia o reforzo do firme na PO-205 ao seu paso por Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSilleda
A-
A+
Cores Tourís na visita aos traballos de reforzo do firme en Silleda

Cores Tourís na visita aos traballos de reforzo do firme en Silleda

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o inicio dos traballos de reforzo do firme e selado de fisuras na PO-205 ao seu paso polo Concello de Silleda.

Na visita estivo acompañado do alcalde do municipio, Manuel Cuíña, do xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, o xefe da Axencia de Infraestruturas, Fausto Núñez e o concelleiro portavoz do PP na localidade, José Luis Espiño.

Deste xeito, os traballos suporán a mellora da estrada desta estrada, entre os quilómetros 0 e o 5+200, afectando a un tramo situado no Concello de Silleda. A obra nesta estrada completarase coa mellora doutros quilómetros nos concellos de Vila de Cruces, nos quilómetros 5+200 a 6+660 e do 8+460 ao 14+530, e Lalín, nos quilómetros 6+850 ao 8+460. “En total, actuarase ao longo de 74 quilómetros de cinco estradas da comarca do Deza”, explicou o delegado territorial.

As obras, segundo puido comprobar José Manuel Cores Tourís, consisten no fresado e reposición do firme actual dado que se detectou certo deterioro no mesmo, con fisuras e degradación xeral da capa de rodaxe. “Deste xeito, estanse a selar as fisuras cunha aplicación de masilla a base de betún modificado e tamén con lechada bituminosa”, explicou o delegado territorial, estendéndose unha capa de mestura bituminosa.

Unha vez executada a mellora e reforzo do firme, reporase a sinalización horizontal mantendo os mesmos criterios na ordenación do tráfico que existen na actualidade. Os terreos sobre os que se vai a executar o proxecto pertencen ao dominio público da estrada polo que non será necesario expropiar novos terreos, xa que ademais non hai novas alineacións nin rasantes polo que a actuación é compatible dende o punto de vista urbanístico.

“A maiores de todo o anterior, tamén se incluíu no orzamento deste proxecto a limpeza e reperfilado das beiras destas estradas, a execución de cunetas de seguridade e a reposición das tapas de rexistro”, engadiu José Manuel Cores Tourís.

Estes traballos forman parte dun proxecto de mellora de estradas que tamén permitirá reforzar a PO-203 en Lalín, a PO-534 en Lalín, Vila de Cruces, Forcarei e Cerdedo, así como a PO-840 en Agolada e a PO-960 en Vila de Cruces. Todo o proxecto supón un investimento global de 760.000 euros.

18 de setembro de 2017 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.