publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís analiza co alcalde de Caldas de Reis o servizo de matrona desta localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal Portada
A-
A+
Cores Tourís na reunión co alcalde de Caldas de Reis

Cores Tourís na reunión co alcalde de Caldas de Reis

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha xuntanza co alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e dúas representantes das usuarias do Servizo de Matronas deste municipio para analizar as súas carencias, tanto en relación ao persoal como ao espazo.

O delegado territorial recordoulles que o Servizo Galego de Saúde informou a pasada semana que a partir de hoxe, luns 18, á asistencia específica da Matrona que se presta no Concello de Caldas de Reis, incrementase nun día máis á semana, pasando así a tres días de prestación asistencial nesta localidade.

Recordou Cores Tourís que se produciu unha ausencia inesperada da profesional titular e que dende o Sergas intentouse paliar esta situación na medida do posible por unha profesional que prestaba servizo dous días a semana. “Tendo en conta a carencia de matronas que existe na actualidade, a administración autonómica fixo todo o posible non só por manter o servizo senón ademais por incrementalo un día máis a semana”, explicou o responsable territorial.

Neste senso, na xuntanza tamén se falou do local no que se está a atender ás futuras nais. Cores Tourís destacou que no que atinxe á cobertura de atención da Matrona nesta localidade, sinalar que dita prestación estase a realizar nun local que, no seu momento, cedeu o Concello. “As representantes das futuras nais solicitáronnos que se buscase un espazo no centro de saúde para que, polo menos a matrona poida atender alí”, engadiu o delegado territorial quen tamén recolleu o ofrecemento do alcalde para que os cursos de iniciación ao parto póidanse levar a cabo nun espazo próximo, no Auditorio municipal.

Outra das propostas do concello é utilizar o antigo centro comarcal onde na actualidade se atopa, de xeito compartido, a Oficina Agraria da Consellería de Medio Rural. Neste senso, o rexedor asegurou que podería trasladarse esta oficina a Arcos da Condesa, unha ubicación que o delegado territorial considerou pouco axeitada, “xa que suporía que os traballadores e os usuarios tivesen que desprazarse fora do centro urbano”.

A solución sería atopar un local axeitado para a Oficina Agraria, algo que polo momento non puido ser, “xa que os que nos propuxeron dende o concello non cumpre coas condicións esixidas pola Consellería de Medio Rural”, engadiu José Manuel Cores Tourís, quen asegurou que o alcalde quedou en ofrecer algún outro local no centro da vila.

Finalmente, en relación ás demandas das usuarias do servizo de Matrona, o delegado territorial trasladoulles que a Xerencia do CHOP ten constancia de que a bañeira de dilatación do Hospital Provincial está inoperativa pro problemas técnicos, “pero xa se realizou unha valoración e se lle dará unha solución o máis pronto posible. De feito, prevese que nas próximas semanas poida estar novamente en funcionamento”. Ademais, segundo engadiu Cores Tourís, “dende a Xerencia insisten en que o hospital comarcal do Salnés conta con recursos dispoñibles para garantir a atencións asistencial a pacientes da área sanitaria, xa que conta con dúas bañeiras operativas. Quen desexe usar este servizo, tanto no Salnés coma en Pontevedra ten simplemente que solicitalo”.

Mellora substancial recursos sanitarios de Caldas

O delegado territorial transmitiulles que, dentro da liña estratéxica da administración sanitaria galega, continúase a planificar unha substancial mellora dos recursos sanitarios de Caldas de Reis, co obxectivo final de poder construír un novo centro de saúde, pero que, neste senso, e así llo comunicou ao alcalde, é necesario contar cun terreo municipal cedido oficialmente para executar dito proxecto.

“A actual situación asistencial resolveríase definitivamente no momento en que o SERGAS dispuxera dunha parcela axeitada para abordar a construción dun novo centro de saúde, onde albergar estas dependencias”, matizou o delegado territorial quen recordou que a política de construción de centros sanitarios en Galicia por parte do SERGAS supón a aceptación de parcelas -que deben ser cedidas gratuitamente polos Concellos- onde a Administración Sanitaria incorpora á súa Rede Pública eses novos edificios. Dita cesión de predios debe efectuarse por parte dos Consistorios sen ningún tipo de cargas nin gravames e sen ningún tipo de limitación temporal de uso.

Neste sentido, técnicos do SERGAS teñen realizado no tempo sucesivas visitas a Caldas de Reis, co obxectivo de analizar varias localizacións propostas polo Consistorio caldense para a implantación desta nova infraestrutura sanitaria de Atención Primaria. De feito, unha das parcelas propostas polo Concello podería reunir as condicións técnicas para a edificación, pero aínda son necesarias determinadas actuacións a levar a cabo polo Consistorio caldense para proceder á súa cesión definitiva ao SERGAS.

Cómpre lembrar que a política de construción de centros sanitarios en Galicia por parte do SERGAS supón a aceptación de parcelas -que deben ser cedidas gratuitamente polos Concellos- onde a Administración Sanitaria incorpora á súa Rede Pública eses novos edificios. Dita cesión de predios debe efectuarse por parte dos Consistorios sen ningún tipo de cargas nin gravames e sen ningún tipo de limitación temporal de uso.

Non obstante, unha das parcelas propostas polo Concello podería reunir as condicións técnicas para a edificación, pero aínda son necesarias determinadas actuacións a levar a cabo polo Consistorio caldense para proceder á súa cesión definitiva ao SERGAS.

A Administración Sanitaria Pública galega continúa a espera da cesión dos terreos para poder iniciar os trámites para levar a cabo a construción dun novo centro de saúde en Caldas de Reis e segue aberta a calquera proposta que dea resposta ás necesidades de ubicación e situación construtiva nesta localidade.

18 de setembro de 2017 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.