publicidade hoxe

Concello e Santiago Futsal colaboran nunha campaña para fomentar a reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente do Santiago Futsal, Ramón García, presentaron unha nova campaña de fomento da reciclaxe na que colaboran o Concello e o club compostelán. O equipo levará o lema “O Santiago Futsal recicla” durante esta tempada 2017-2018.

O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, destacou que un equipo coa traxectoria do Santiago Futsal participe na concienciación sobre a reciclaxe do lixo entre a veciñanza. Neste sentido, Xan Duro destacou os 15 anos de permanencia na División de Honra do equipo compostelán. A este recoñecemento sumouse a concelleira de Deporte, Noa Morales, quen apuntou que “é unha hora para o Concello colaborar co Santiago Futsal nesta iniciativa”.

Pola súa banda, o presidente do Santiago Futsal, Ramón García, enmarcou esta campaña entre as accións sociais que vén desenvolvendo o club. Neste caso -explicou- para darlle visibilidade ao obxectivo da campaña, o club de División de Honra levará as cores da reciclaxe (verde, amarelo e azul) na súa segunda equipación. No caso das categorías de base, estas cores serán as da primeira equipación.

Ramón García tamén anunciou a posta en marcha de iniciativas puntuais para concienciar sobre a reciclaxe durante os partidos. Ademais, realizaranse visitas aos colexios para concienciar o alumnado sobre esta materia.

12 de setembro de 2017 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.