publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan as obras de mellora do firme en cinco estradas da provincia da Coruña mediante o investimento de 920.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArteixoBetanzosCambreCulleredoLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do firme en cinco estradas da provincia da Coruña mediante o investimento de máis de 920.000 euros. Estas obras foron adxudicadas á empresa Construcciones López Cao S.L. e o prazo de execución destes traballos será duns seis meses aproximadamente. Trátase das estradas AC-213, AC-400, AC-523, AC-542 e AC-552, ao seu paso polos Concellos de Culleredo, Cambre, Betanzos e Arteixo.

Estas accións iniciáronse esta mesma semana na estrada AC-523, onde se leva a cabo a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición da rodadura en toda a sección entre os p.q. 0 e 0+900, e tamén nas aproximacións á miniglorieta existente no p.q. 1+380, no Concello de Culleredo. Previsiblemente, estas actuacións estarán rematadas a vindeira semana.

No caso da AC-213, traballarán unha vez que o Concello de Culleredo cambie unha tubaxe de abastecemento que tén previsto sustituír nas vindeiras semanas, posto que precisan facer uns cruces de calzada.

Na estrada AC-400, actuarase no treito comprendido entre os p.q. 0 e 7, nas travesías de Sigrás, en Cambre; no Casal, Celas de Peiro e Peiro de Arriba en Culleredo. Ademais, executaranse reparacións localizadas do firme nos puntos deteriorados dos tramos entre os p.q.12+260 e 13+260 e 13+650 e 16+700, nos Concellos da Laracha e Cerceda; e entre os 26+500 e 27+500 e 27+800 e 28+400, no Concello de Cerceda.

Na estrada AC-523 levarase a cabo a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición da rodadura en toda a sección entre os p.q. 0 e 0+900, e tamén nas aproximacións á miniglorieta existente no p.q. 1+380, no Concello de Culleredo.

Este paquete tamén inclúe actuacións de mellora na AC-542, entre entre os p.q. 0 e 1+500, na travesía da Infesta, no Concello de Betanzos; e na AC-552, entre os p.q.17+700 e 19+600, nos Concellos da Laracha e Arteixo.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

6 de setembro de 2017 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.