publicidade hoxe

Baltar recibe á nova alcaldesa de Vilariño de Conso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseVilariño de Conso
A-
A+
Baltar na reunión coa alcaldesa de Vilariño de Conso

Baltar na reunión coa alcaldesa de Vilariño de Conso

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial á nova alcaldesa de Vilariño de Conso, Melissa Macía, un primeiro encontro institucional entre o presidente do goberno provincial e a rexedora deste municipio no que analizaron temas de cooperación en materia de infraestruturas e turismo, coincidindo neste eido en seguir potenciando a riqueza natural e do patrimonio histórico-artístico deste concello. Ademais, falaron da importancia económica que para Vilariño de Conso ten o aproveitamento hidroeléctrico, ámbito no que Manuel Baltar é vicepresidente da Federación Nacional de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Encoros, a federación de municipios máis importante de España despois da FEMP, que agrupa a un milleiro de concellos de España –entre eles Vilariño de Conso- e ten como obxectivo avanzar nas melloras medioambientais, económicas, de seguridade e de desenvolvemento social das comarcas onde están situadas presas e embalses.

4 de setembro de 2017 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.