publicidade hoxe

Apertura do prazo de solicitude de participación nos obradoiros das escolas infantís municipais para o curso 2017-2018

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que xa se pode solicitar a participación nos obradoiros das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío Salgueiriños para o curso 2017-2018. Estes talleres, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, desenvolveranse durante o curso e tamén en períodos de vacacións escolares. Ofrécese un total de 45 prazas entre os tres centros.

Estes obradoiros teñen como obxectivo favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia. O programa contará con diferentes tipos de talleres, de acordo coa proposta de cada escola infantil.

Durante o curso, o horario dos obradoiros será de 16:00 ás 20:00 horas, mentres que nos períodos de vacacións (Nadal, Entroido e Semana Santa) será de 10:00 a 14:00 horas. As familias poden ampliar este horario co servizo de almorzo (7:30 a 10:00 h), co de comedor (14:00 a 15:00 h) e con horas a maiores.

Ofrécese un total de 45 prazas, a razón de 15 prazas para cada unha das tres escolas.

Prezos e solicitudes

A matrícula (anual) ten un custo de 75 euros. As familias poden optar por 2 tardes de obradoiros (55 €/mes), 3 tardes (80 €/mes), 4 tardes (105 €/mes), 5 tardes (125 €/mes) ou días soltos (12 €/día). En canto aos servizos complementarios, o comedor ten un prezo de 75 €/mes e 5 € días soltos; o almorzo, de 30 €/mes e 2 € os días soltos; e as horas a maiores custan 15 € se son durante todo mes e de 3 €/horas.

As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal ata cubrir as prazas dispoñibles en cada escola. O prazo de solicitude abriuse o día 1 de setembro de 2017.

Os solicitantes terán que cubrir a solicitude e entregala no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4). O impreso de solicitude está dispoñible, xunto coa información complementaria, nas escolas infantís, no Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e nesta web municipal.

4 de setembro de 2017 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.